Español | English | Galego

Modificación das características das contas de usuario

Activación e cambio de contrasinal

Que é?

Dende esta páxina vostede pode modificar as características principais da súa conta de usuario

Activar a conta de usuario se é a primeira vez que a emprega ou a descoñece
Modificar o contrasinal da conta de usuario
Modificar a visibilidade da súa conta no directorio de contas de usuario

Como funciona?

Se desexa modificar estas características, activar o contrasinal ou modificar a súa conta de usuario só ten que premer en Acceder

Pode identificarse empregando distintos métodos:

Indicando a conta de usuario

Indicando a conta de usuario completa (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e contrasinal asociado á conta se xa os coñece.

Indicando os datos do NIU (NIU, contrasinal, DNI)

 
NIU

Empregando un certificado da FNMT

 
Certificado dixital

Se ten asignada máis dunha conta de usuario (unha de alumno do tipo usuario@alumnos.uvigo.es e unha de PAS/PDI do tipo usuario@uvigo.es), poderá modificar as características de ambas contas de usuario autentificándose con calquera dos mecanismos permitidos.

Isto só será posible se as contas están asociadas a un alumno matriculado ou un PAS/PDI con relación en vigor coa Universidade de Vigo.

No caso dos mecanismos de identificación que empregan un contrasinal ten que ter en conta que o contrasinal do NIU e o da conta de usuario os establece vostede ó utilizalos por primeira vez e non teñen por que ser necesariamente os mesmos.

Como me identifico?

Os mecanismos de identificación son os indicados, en todo caso pode obter máis información sobre a autentificación en aplicacións da Universidade de Vigo nesta páxina