Identidade e Conta de Usuario

Dende esta páxina vostede pode modificar as características principais da súa conta de usuario:

  • Activar a conta de usuario se é a primeira vez que a emprega ou a descoñece
  • Modificar o contrasinal da conta de usuario
  • Modificar a visibilidade da súa conta no directorio de contas de usuario
  • Activar o espazo web asociado á súa conta de usuario
  • Activar acceso a software e servizos externos: Microsoft 365, Adobe

Como funciona?

Se desexa modificar o seu contrasinal ou os servizos activados para a súa conta só ten que premer no botón Acceder.

Como me identifico?

Para identificarse nos servizos proporcionados pola Universidade de Vigo, pode empregar a Autenticación Centralizada da Universidade. Compre dispoñer para isto dunha conta de usuario da Universidade de Vigo, que pode activar nesta mesma páxina, no enlace Acceder.

Para identificarse pode empregar algún dos seguintes mecanismos:

  • Conta de usuario da Universidade de Vigo
  • Número de identificación (NIU) da Secretaría Online da Universidade de Vigo
  • Certificado da FNMT ou DNIe

Como accedo a outros servizos?

Algúns servizos da Universidade de Vigo, como por exemplo a Sede Electrónica da Universidade de Vigo, empregan como mecanismo de autenticación o servizo cl@ve, este permite autenticarse cos seguintes mecanismos:

  • Certificado dixital ou DNIe
  • Pin 24H
  • Cl@ve permanente

Pode comprobar se o acceso a cl@ve é correcto co seguinte enlace:

Necesito axuda

Pode obter máis información sobre o funcionamento da Autenticación Centralizada da Universidade de Vigo nesta páxina.

Se non é suficiente pode solicitar axuda nesta páxina.

Axuda da autenticación centralizada da Universidade de Vigo

Que é?

É un sistema que permite acceder a diversas aplicacións web da Universidade de Vigo identificándose unha única vez, de xeito que se poida cambiar de aplicación sen necesidade de volverse a identificar.

Como funciona?

Ó tentar acceder a unha aplicación por primeira vez o navegador será redirixido á páxina de "Identificación de usuario" da Universidade de Vigo, na que terá que identificarse, indicando a súa conta de usuario completa (do tipo usuario@uvigo.gal ou usuario@alumnado.uvigo.gal) e o contrasinal asociado a esta. Se a identificación é correcta volverá automáticamente á aplicación á que intentaba acceder.

Cando prema o botón de "Saír" (ou "Desconectar") dunha aplicación estará pechando a sesión en todas as aplicacións conectadas ao sistema. En todo caso, para desconectarse recomendamos pechar o navegador (todas as ventanas que estean abertas).

Como me identifico?

No sistema de autenticación centralizado da Universidade de Vigo pódese autentificar de varios xeitos:

  • Usuario: Indicando a conta de usuario completa (do tipo usuario@uvigo.gal ou usuario@alumnado.uvigo.gal) e contrasinal asociado á conta.
  • NIU: Indicando os datos de acceso á secretaría virtual; o NIU, número de documento de identidade e contrasinal asociado.
  • Certificado da FNMT: Cun certificado da FNMT (de persoa física, funcionario público, etc.) e un navegador configurado para usalo.
  • DNIe
No caso dos mecanismos de identificación que empregan un contrasinal ten que ter en conta que o contrasinal do NIU e o da conta de usuario os establece ó utilizalos por primeira vez e non teñen por que ser necesariamente os mesmos.

Que pasa se non teño conta de usuario da UVIGO?

Se xa non ten vinculación coa UVIGO e non ten dereito a ter conta de usuario, poderá identificarse para o acceso a algúns servizos mediante o NIU ou tamén mediante un certificado dixital de persoa física da FNMT.

Son alumno, PAS ou PDI, como obteño unha conta de usuario?

Se é un alumno, PDI ou PAS, ten asignada unha conta de usuario. Pode activala ou establecer un novo contrasinal se o esqueceu dende esta mesma páxina.

Para activar a conta pode indicar os datos do seu NIU (NIU, DNI, clave de acceso) ou empregar un certificado da FNMT. Para autentificarse cos datos do NIU compre dispoñer de ese acceso antes de activar a conta de usuario.

Nesta páxina pode atopar un manual que indica cómo facer esta activación.

E se non teño NIU?

Para obter o teu NIU ten que acceder a Secretaría Virtual da Universidade de Vigo. Pode atopar axuda sobre cómo facer esto nesta páxina.

Esquecín o meu contrasinal

Se esqueceu o contrasinal da conta de usuario e coñece o seu NIU ou ten un certificado de persoa física da FNMT pode establecer un novo contrasinal dende esta mesma páxina.

Poden autenticarse:

  • Indicando os datos do NIU (NIU, contrasinal, número de DNI)
  • Empregando un certificado da FNMT

Esquecín o contrasinal do NIU

Se esqueceu o contrasinal do NIU pode recuperalo empregando o formulario de recuperación de datos de acceso na Secretaría Online. Pediralle a conta de correo que aparece como contacto na Secretaría Virtual, esta será, se vostede é un alumno, a que indicacou durante o proceso de matrícula e, se é un PAS ou PDI, será probablemente a súa conta de correo persoal de UVIGO (usuario@uvigo.gal ou usuario@alumnado.uvigo.gal).

Teño problemas co certificado da FNMT

Se ten problemas co acceso mediante certificado pode verificar o seu estado nesta páxina. Pode empregar tamén o servizo Valide para comprobación de certificados. Se os problemas persisten pode poñerse en contacto co Servizo de Atención ó Usuario (SAUM) que tentarán resolver os seus problemas.