Universidade de Vigo
Cabeceira

Axuda da autenticación centralizada da Universidade de Vigo

Que é?

É un sistema que che permite acceder a diversas aplicacións web da Universidade de Vigo identificándote unha única vez, de xeito que poidas cambiar de aplicación sen necesidade de volverte a identificar.

Acceso seguro

Como funciona?

Acceder a unha aplicación

Ó tentar acceder a unha aplicación por primeira vez o teu navegador será redirixido á páxina de "Identificación de usuario" da Universidade de Vigo, na que te terás que identificar, indicando a túa conta de usuario completa (do tipo usuario@uvigo,es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e o contrasinal asociado a esta. Se a identificación é correcta volverás automáticamente á aplicación á que intentabas acceder.

Saír dunha aplicación

Cando premas o botón de "Saír" dunha aplicación estarás pechando a sesión en todas as aplicacións conectadas ao sistema.

En todo caso, para desconectarse recomendamos pechar o navegador (todas as ventanas que estean abertas).


Como me identifico?

No sistema de autenticación dentralizado da Universidade de Vigo pódeste autentificar de varios xeitos:

  • Usuario: Indicando a conta de usuario completa (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e contrasinal asociado á conta.
  • NIU: Indicando o NIU, número de documento de identidade e contrasinal asociado.
  • DNI electrónico

No caso dos mecanismos de identificación que empregan un contrasinal tes que ter en conta que o contrasinal do NIU e o da conta de usuario os estableces tí ó utilizalos por primeira vez e non teñen por que ser necesariamente os mesmos.


Que pasa se non teño conta de usuario da UVIGO?

Acceso seguro

Non teño conta de usuario

Se xa non tes vinculación coa UVIGO e por tanto non tes dereito a ter conta de usuario, poderás identificarte para o acceso a algúns servizos mediante o NIU ou tamén mediante o o DNI electrónico.

Son alumno, PAS ou PDI, como obteño unha conta de usuario?

Se és un alumno con matrícula activa, ou un PAS ou PDI, tes asignada unha conta de usuario. Podes activala ou establecer un novo contrasinal se o esqueceche dende este enlace.

Para activar a conta podes indicar os datos do teu NIU (NIU, DNI, clave de acceso) ou empregar o teu DNI electrónico.
Para autentificarte cos datos do NIU compre dispoñas de ese acceso antes de activar a conta de usuario. Nesta páxina podes atopar un titorial que indica cómo facer esta activación.


E se non teño NIU?

Para obter o teu NIU tes que acceder a Secretaría Virtual da Universidade de Vigo.

No enlace "Cree o seu NIU" indicaráselle cómo proceder para crear o NIU e contrasinal de acceso se non dispoón de eles.

Tarxeta Universitaria

Esquecín o meu contrasinal

Esquecín o contrasinal da conta de usuario

Se esqueciches o contrasinal da conta de usuario e coñeces o teu NIU ou tes DNI electrónico podes establecer un novo contrasinal dende este enlace.

Podes autentificarte nesa páxina:

  • Autentificación con NIU Indicando os datos do NIU (NIU, contrasinal, número de DNI)
  • Autentificación con DNI electrónico Empregando o teu DNI electrónico.

Esquecín o contrasinal do NIU

Se esqueciches o contrasinal do NIU podes recuperalo empregando o formulario de recuperación de datos de acceso.

Pedirate a conta de correo que aparece como contacto na Secretaría Virtual, esta será, se es un alumno, a que indicaches durante o proceso de matrícula e, se es un PAS ou PDI, será probablemente a túa conta de correo persoal de UVIGO (usuario@uvigo.es).


Teño problemas con DNIe

Se tes problemas co acceso mediante DNIe podes verificar o funcionamento correcto de este na web dnieletronico.es

Se os problemas persisten podes poñerte en contacto co Servizo de Atención ó Usuario (SAUM)) da Universidade de Vigo.

DNI Electrónico

Serve calquera conta de usuario da UVIGO?

Que contas serven?

NON, dependerá do servizo ó que desexes acceder.

Para servizos que se empreguen para acceder a datos persoais só te poderás autentifcar coas contas de correo pesroais, non coas institucionais, dado que estas identifican a un posto, servizo, departamento, etc., e non a unha persoa.

É decir, as contas do tipo secretariacentro@uvigo.es, decanato@uvigo.es, postobase_servizo@uvigo.es, asociacion@uvigo.es, departamento@uvigo.es, etc., non se poden empregar para acceder a estes servizos.

Para outro tipo de servizos poderás acceder con calqueira conta do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es


Cómo podo modificar as características da miña conta?

As características da conta que podes modificar, a maiores do contrasinal, e o xeito de facelo, o podes consultar nesta páxina.


Qué aplicacións empregan este sistema?

Esta autentificación emprégase para acceder ás seguintes aplicacións web:

Co tempo iremos engadindo máis aplicacións a este sistema.

Aplicacións